1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Servizo de Contratación.
2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n, 2ª planta.
3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
4º. Teléfono: 881 54 36 35.
5º. Telefax: 881 54 27 62.
6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es
d) Número de expediente: AB-SER1-15-050.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizo.
b) Descrición: formación, preparación, execución e seguimento de dez semanas Gemba Kaizen, para impulsar proxectos de innovación con ferramentas de mellora orientadas á consecución de resultados a curto prazo.
c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.
d) Prazo de execución/entrega: máximo de dous meses dende a súa formalización.
e) Admisión de prórroga: non.
f) CPV(referencia de nomenclatura): 72224000-1.
3. Tramitación, procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación:
Concepto |
Puntuación |
Criterios valorables de forma non automática (sobre B) |
0-50 |
Modelo de xestión e dirección do proxecto para a colaboración co Servizo Galego de Saúde: seguimento, monitorización de proxectos, difusión, xestión de riscos, control de calidade e avaliación dos proxectos. |
0-15 |
Estruturación clara e correcta da planificación e cronograma do proxecto, delimitando as fases do proxecto, incluíndo a definición de fitos e entregables. |
0-15 |
Plan de participación de recursos adecuados ás distintas fases do proxecto e seguimento. |
0-10 |
Plan de formación dos equipos de innovación |
0-10 |
Criterios valorables de forma automática (sobre C) |
0-50 |
Oferta económica |
0-50 |
4. Valor estimado do contrato: 80.400 € sen IVE.
5. Orzamento base de licitación:
a) Importe neto: 80.400 € sen IVE. Importe total: 97.284,00 €.
6. Garantías exixidas:
Provisional (importe): Non. Definitiva: 5 % do importe da adxudicación excluído o IVE.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver letras d) e e) da cláusula 6.6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación das ofertas:
a) Data límite de presentación: as 14.00 horas do décimo quinto día natural contados desde o seguinte ao de a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o derradeiro día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida no seguinte punto, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.
b) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.
2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela
c) Admisión de variantes: non.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses contado desde a data de apertura das proposicións.
9. Apertura das ofertas:
a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro s/n.
b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela
c) Data e hora: apertura sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, as 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.
10. Gastos de publicidade: si, aproximadamente 1.300 €.
Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2015
Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos