Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Mércores, 5 de agosto de 2015 Páx. 32225

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 29 de xullo de 2015 pola que se fixa o prezo de venda ao público dunha publicación editada por esta consellería.

En virtude do Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, estableceuse a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar.

De conformidade co disposto no Decreto 196/2001, do 26 de xullo, polo que se regulan as publicacións da Xunta de Galicia, modificado polo Decreto 116/2002, do 1 de febreiro e polo Decreto 176/2011, do 1 de setembro, esta consellería é a responsable económica e administrativa das publicacións editadas no ámbito das súas competencias.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51, sinala a obriga de que os prezos privados sexan publicados no Diario Oficial de Galicia.

Tras a aprobación pola Comisión Permanente de Publicacións da publicación desta consellería Guía e outros aspectos básicos para a elaboración do proxecto educativo das escolas infantís 0-3, cómpre fixar o prezo para a súa comercialización.

Por iso, logo de informe favorable do órgano competente en materia de facenda, no exercicio das atribucións conferidas de conformidade co disposto no artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

RESOLVO:

Artigo único. Aprobación e prezo de venda

1. Queda aprobado o prezo de venda ao público da publicación que se relaciona no anexo á orde.

2. Este prezo entenderase con IVE incluído.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2015

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

ANEXO

Guía e outros aspectos básicos para a elaboración do proxecto educativo das escolas infantís 0-3: 15 €.