Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Mércores, 5 de agosto de 2015 Páx. 32322

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

ANUNCIO do 15 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os acordos de inicio do procedemento de reintegro das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 7 de maio de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para as iniciativas emprendedoras e de emprego, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e se procede á súa convocatoria para 2010 (Diario Oficial de Galicia número 92, do 18 de maio).

En virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no uso da competencia atribuída a esta Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña, intentada a notificación sen que esta se puidese practicar, notifícaselles aos interesados citados no anexo que poden realizar as alegacións e presentar a documentación que xulguen oportuna no prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da data da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña (avenida de Salvador de Madariaga, nº 9-1º andar), para teren coñecemento do contido daquela, advertíndoos de que, de non facerse así, se terán por notificados cos efectos que correspondan.

A Coruña, 15 de xullo de 2015

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: TR 340 K 2010/166-1.

Nome: Champions Galicia Fitness Soto Viturro, S.L.

Último enderezo conocido: r/ A Pedreira, 62, bl. 3-1º C, 15900 Padrón.

Contido da resolución: acordo de inicio do procedemento de reintegro da axuda (subvención para a xeración de emprego estable).

Contía: 7.000 euros.

Precepto infrinxido: o artigo 20.4 da Orde do 7 de maio de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de iniciativas emprendedoras e de emprego, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Expediente: TR 340 K 2010/167-1.

Nome: Champions Galicia Fitness Soto Viturro, S.L.

Último enderezo conocido: r/ A Pedreira, 62, bl. 3-1º C, 15900 Padrón.

Contido da resolución: acordo inicio do procedemento de reintegro da axuda (subvención para o inicio de actividade).

Contía: 3.000 euros.

Precepto infrinxido: o artigo 20.4 da Orde do 7 de maio de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de iniciativas emprendedoras e de emprego, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.