Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Mércores, 5 de agosto de 2015 Páx. 32293

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2015 pola que se anuncia a contratación documentalmente simplificada, por procedemento aberto, dun administrador independente que se encargue da realización de todas as actuacións necesarias para a disolución e liquidación da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol (expediente 01/2015 DXC).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Economía e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4) Teléfono: 981 54 55 22 e 981 54 55 23.

5) Telefax: 981 54 49 49.

6) Correo electrónico: licitacion.industria@xunta.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: economiaeindustria.xunta.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 01/2015 DXC.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contratación dun administrador independente, que poderá ser unha persoa física ou xurídica, que se encargará da realización de todas as actuacións necesarias para a disolución e liquidación da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: Ferrol.

e) Prazo de execución/entrega: o prazo máximo de execución do contrato será de catro anos, contados desde o día seguinte ao da súa sinatura. Non obstante, resolverase anticipadamente no caso previsto na cláusula K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) CPV (referencia de nomenclatura): 79100000-5 (servizos xurídicos).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os sinalados na cláusula J da folla de especificacións do PCAP.

4. Valor estimado do contrato: 150.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto 100.000 euros. Importe total 121.000 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: 3 % do orzamento do contrato, excluído o IVE.

Definitiva (%): 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (de ser o caso): deberán acreditarse nos termos especificados nas cláusulas E, F e G da folla de especificacións do PCAP.

c) Outros requisitos específicos: non.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais que se contarán desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

b) Modalidade de presentación: segundo o disposto na cláusula R da folla de especificacións e na cláusula 6, ambas as dúas do PCAP.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Oficina do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

2) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4) Enderezo electrónico: rexistroxeral@xunta.es

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: durante os prazos sinalados nos parágrafos 2 e 3 do artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP).

9. Apertura de ofertas (sobres A e B):

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público de exame da documentación xeral administrativa pola mesa de contratación.

Apertura dos sobres B: apertura en acto público da documentación económica e técnica relativa a aspectos cuantitativos; é dicir, cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: indicarase no perfil do contratante a data e a hora da apertura dos sobres B.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario os gastos de publicación no DOG. O prezo da publicación será de 10,82 euros por liña.

11. Outras informacións:

Poden obterse os pregos na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23156

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2015

Por delegación (Orde do 10.12.2014, DOG núm. 3/2015)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria