Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Mércores, 5 de agosto de 2015 Páx. 32279

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2015 pola que se fai pública a corrección de erros no prego de prescricións técnicas para a licitación anunciada mediante Resolución do 13 de xullo de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, para a contratación, polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, da subministración de equipamento para a toma de mostras e análises para o Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun máximo do 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

No Diario Oficial de Galicia núm. 137, do 22 de xullo de 2015, publicouse a Resolución do 3 de xullo de 2015 pola que se anunciaba a licitación, polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, para a contratación da subministración de equipamento para a toma de mostras e análises para o Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun máximo dun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

Advertidos erros no prego de prescricións técnicas que rexe nesta contratación no relativo ao lote 3 (número 1 e número 2.2 ) e no lote 5 (número 3.1), así como no anexo I no orzamento do lote 3, e unha vez corrixidos estes, procédese á publicación do prego de prescricións técnicas no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23059

Esta corrección afecta o prazo de presentación de proposicións recollido no punto 8 da Resolución do 13 de xullo de 2015, que queda do seguinte xeito:

Data límite de presentación da documentación e información: 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación de ofertas coincidir en día inhábil, o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2015

P.D. (Orde 15.3.2012; DOG núm. 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas