1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos. Subdirección Xeral de Investimentos. Servizo de Montaxe e Equipamento.
c) Obtención de documentación e información:
1) Dependencia: Servizo de Montaxe e Equipamento.
2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.
3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
4) Teléfonos: 881 54 27 66/881 54 27 68.
5) Telefax: 881 54 86 11.
6) Data límite de obtención de documentos e información: o último día do prazo de presentación de ofertas.
7) Páxina web onde obter información relativa á convocatoria ou onde se poden obter os pregos: www.sergas.es.
d) Número do expediente: AI-SER2-15-013.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: subministración.
b) Descrición do obxecto: adquisición de equipamento de apoio á investigación con destino a distintos centros do Servizo Galego de Saúde.
c) División por lotes e número: 6 lotes.
d) Lugar de entrega da subministración: EOXI de Vigo, EOXI de Santiago de Compostela e EOXI da Coruña.
e) Prazo máximo de entrega: 20 días naturais.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: adxudicación baseada na pluralidade de criterios.
4. Valor estimado do contrato: 559.160,00 €.
5. Orzamento base de licitación.
Orzamento sen IVE: 559.160,00 €.
Orzamento con IVE: 676.583,60 €.
6. Garantías.
a) Garantía provisional: non se exixe.
b) Garantía definitiva: 5 % do orzamento de licitación.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Solvencia económica e financeira: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.
b) Solvencia técnica: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 3.9.2015.
b) Documentación que hai que presentar: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.
e) Admisión de variantes: non se admiten.
f) Admisión de ofertas conxuntas: non se admiten.
g) Outras informacións: toda información relativa ao expediente se fará pública na páxina web que se cita neste anuncio.
9. Apertura das proposicións: a data, a hora e o lugar de realización das mesas de apertura dos sobres B e C (acto público) publicarase no perfil do contratante www.sergas.es.
10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo está indicado no prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 29.7.2015.
Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2015
Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos