Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 3 de agosto de 2015 Páx. 32044

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se procede a designar os membros e facer pública a composición do tribunal que elaborará, supervisará e avaliará as probas para a concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2014/15, e se ditan instrucións para a realización das probas correspondentes.

De conformidade co establecido no artigo 9 e en virtude da autorización da disposición derradeira primeira da Orde do 26 de xuño de 2015, pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2014/15 (DOG do 7 de xullo),

RESOLVO:

Primeiro. Designar os membros do tribunal para elaborar, supervisar e avaliar as probas para a concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2014/15 e facer pública a súa composición, que é a que figura no anexo desta resolución.

Segundo. Fixar a data, horario, lugares de realización das probas e condicións de presentación dos candidatos e das candidatas.

1. As probas realizaranse o día 11 de setembro de 2015 de acordo co seguinte horario:

9.15 horas, presentación dos candidatos e das candidatas.

10.00 a 12.00 horas, primeira parte da proba.

12.30 a 14.30 horas, segunda parte da proba.

2. Centros en que se realizarán as probas.

– Provincia da Coruña:

CIFP Someso, rúa Someso, nº 6, A Coruña.

– Provincia de Lugo:

IES Sanxillao, avenida Fontiñas, nº 171, Lugo.

–Provincia de Ourense:

IES Ramón Otero Pedrayo, rúa Padre Feixoo, nº 12, Ourense.

–Provincia de Pontevedra:

IES Sánchez Cantón, avenida Raíña Victoria, Pontevedra.

Terceiro. Presentación dos candidatos e das candidatas

a) Os candidatos e as candidatas deberán realizar as probas, con carácter xeral, na provincia a que pertenza o centro educativo en que se atope o seu expediente académico. A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá autorizar cambios de sede por causas debidamente xustificadas.

b) Para a realización das probas os candidatos e as candidatas acreditarán a súa identidade co DNI, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2015

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO
Tribunal

Titulares:

Presidenta titular: María del Carmen Cimadevila Cea, subdirectora xeral de Inspección, Evaluación e Calidade do Sistema Educativo.

Vogal titular 1: Isabel Serna Masiá, inspectora de Educación.

Vogal titular 2: María Concepción Aramburu Sánchez, inspectora de Educación.

Vogal titular 3: Raimundo José Naveira Zapata, inspector de Educación.

Vogal titular 4: Román Latas Calvo, inspector de Educación.

Vogal titular 5: Delfín Caseiro Nogueiras, inspector de Educación.

Vogal titular 6: Pedro Gómez Álvarez, inspector de Educación.

Suplentes:

Presidente suplente: Manuel Vila López, subdirector xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado.

Vogal suplente 1: María del Carmen García Rodríguez, inspectora de Educación.

Vogal suplente 2: Marina Armada Vigo, inspectora de Educación.

Vogal suplente 3: Eduardo David Seco Fernández, inspector de Educación.

Vogal suplente 4: Amancio Novoa Santos, inspector de Educación.

Vogal suplente 5: Federico Pérez Morán, inspector de Educación.

Vogal suplente 6: María Ángeles Aramburu Núñez, inspectora de Educación.