Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 3 de agosto de 2015 Páx. 32051

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 13 de xuño de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á formación e contratación -Programa Forcon- cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (Diario Oficial de Galicia número 120, do 26 de xuño).

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 11.02.322C.472.3, ao abeiro da Orde do 13 de xuño de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á formación e contratación –Programa Forcon– cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

O Programa de incentivos á formación e contratación –Programa Forcon– é cofinanciable polo Fondo Social Europeo, nunha porcentaxe do 80 %, no tema prioritario 63 do eixe 1 e no tema prioritario 66 do eixe 2, do programa operativo do FSE de Galicia 2007-2013, número CCI 2007 ES 051 PO 004, aprobado pola Decisión da Comisión Europea do 18 de decembro de 2007 no marco de programación 2007-2013.

Convocatoria. Orde do 13 de xuño de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á formación e contratación -Programa Forcon- cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 120, do 26 de xuño).

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2015

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social

ANEXO

TR 370A. Incentivos á formación e á contratación (Programa Forcon)

Entidade beneficiaria

Concedido (2014)

Aplicación orzamentaria

Transformaciones Globales, S.L.

2.500,00 €

11.02.322C.472.3