Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 3 de agosto de 2015 Páx. 32096

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 20 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se notifica á empresa Farriense de Granitos, S.L., o apercibimento para a presentación do proxecto de peche definitivo dos labores na explotación mineira Farriense número 365/permiso de investigación Vila número 4901.1, sitas nos termos municipais de Baños de Molgas e Xunqueira de Ambía.

Ante a imposibilidade de notificación, por medio desta cédula, notifícaselle á empresa Farriense de Granitos, S.L., con CIF B32316648, dada a situación de abandono en que se atopa a explotación mineira, o apercibimento para a presentación, nun prazo máximo de 10 días, ante a Dirección Xeral de Enerxía e Minas, o proxecto de peche definitivo dos labores na explotación mineira Farriense núm. 365/permiso de investigación Vila núm. 4901.1, sitas nos termos municipais de Baños de Molgas e Xunqueira de Ambía, na provincia de Ourense, coa advertencia de que, se así non o fai, esta Administración adoptará o pertinente acordo de execución subsidiaria para adoptar as medidas precisas e proceder ao peche da explotación mineira, co posterior reintegro dos gastos por ese titular, sen prexuízo da facultade de incoar o correspondente expediente sancionador e de impoñer as correspondentes multas coercitivas.

A presente cédula expídese para que conste e sirva de notificación á empresa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2015

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas