Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Venres, 31 de xullo de 2015 Páx. 31920

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 6 de marzo de 2015 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento e para a consolidación e fortalecemento das organizacións non gobernamentais de desenvolvemento e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.

Conforme o establecido no artigo 22 da Orde do 6 de marzo de 2015 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento e para a consolidación e fortalecemento de organizacións non gobernamentais de desenvolvemento e se procede á súa convocatoria para o ano 2015, unha vez ultimada a concesión de axudas, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas, con indicación das entidades beneficiarias, contía e finalidade.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas por Resolución do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea do 10 de xuño de 2015, de conformidade coa disposición adicional terceira da Orde do 6 de marzo de 2015 (DOG número 50, do 13 de marzo) para a execución de:

– 10 proxectos de educación para o desenvolvemento por un importe total de trescentos vinte un mil seiscentos cincuenta e un euros (321.651,00 €), nas contías, beneficiarios e finalidade que se relacionan no anexo I desta resolución.

– 5 proxectos para a consolidación e o fortalecemento de ONGD por un importe total de cento sete mil catrocentos setenta e cinco euros (107.475,00 €), nas contías, beneficiarios e finalidade que se relacionan no anexo II desta resolución.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2015

Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

ANEXO I
Capítulo I: axudas a ONGD para proxectos de educación para o desenvolvemento

Nº expediente

Entidade solicitante

Denominación do proxecto

Coste total do proxecto

Subvención concedida

Anualidade 2015

Anualidade 2016

PR 804 A 2015/22

Solidariedade Internacional de Galicia agrupada coa Universidade da Coruña

Investigando a dimensión global da educación para o desenvolvemento. Un proxecto piloto de investigación-acción colaborativa nun centro educativo de Galicia. Fase I

41.703,91

39.286,00

15.714,40

23.571,60

PR 804 A 2015/4

Fundación Entreculturas Fe y Alegría

Rede Solidaria da Mocidade: cidadanía global, empoderamento e participación para o cambio social dos grupos solidarios no curso 2015-2016

35.808,00

30.000,00

12.000,00

18.000,00

PR 804 A 2015/11

Asamblea de Cooperación por la Paz agrupada co Asociación Galega de Reporteiros Solidarios-Agareso

Mellora das capacidades e ferramentas xeradoras de conciencia crítica no ensino infantil, de primaria, de secundaria e universitario galego

42.660,00

40.000,00

16.000,00

24.000,00

PR 804 A 2015/18

Fundación Ayuda en Acción agrupada con Fundación Entreculturas Fe y Alegría, Fundación Educación y Cooperación-EDUCO, Fundación Taller de Solidaridad

Campaña mundial pola educación 2016 en Galicia

38.030,00

35.030,00

14.012,00

21.018,00

PR 804 A 2015/19

Enxeñería sen Fronteiras Galicia agrupada coa Universidade da Coruña, Laboratorio de Enxeñería Cartográfica-Cartolab

Proxecto de difusión da tecnoloxía para o desenvolvemento humano na comunidade educativa e profesional de base tecnolóxica e na sociedade galega en xeral 2015-2016

70.225,00

40.000,00

16.000,00

24.000,00

PR 804 A 2015/13

Asociación Galega de Reporteiros Solidarios-Agareso

Fomento da conciencia social e a capacidade de comunicación crítica do colectivo adolescente dos municipios de Ames, Boiro, Navia de Suarna, Viana do Bolo e A Guarda.

31.581,00

29.981,00

11.992,40

17.988,60

PR 804 A 2015/7

Fundación Intered-Galicia

Educación comprometida co coidado da vida

33.136,36

30.000,00

12.000,00

18.000,00

PR 804 A 2015/8

Amigos da Terra Galicia-Xuventude agrupada con Fundación Oxfam Intermon e a Universidade de Vigo (Departamento Economía Aplicada)

Alternativas de alimentación para o desenvolvemento sustentable

24.120,00

19.870,00

7.948,00

11.922,00

PR 804 A 2015/2

Arquitectos sen Fronteiras

Proxecto de difusión do dereito ao hábitat e as súas dimensións transculturais e de xénero a través da sensibilización e a educación non formal na comunidade educativa da área metropolitana da Coruña

42.512,00

29.998,00

11.999,20

17.998,80

PR 804 A 2015/16

Amarante Setem para o Ecodesenvolvemento

Achegar ferramentas innovadoras na formación e sensibilización sobre a feminización da pobreza no sector do téxtil e alternativas para un consumo responsable de roupa. Fase final

33.070,50

27.486,00

10.994,40

16.491,60

Total

321.651,00

128.660,40

192.990,60

ANEXO II
Capítulo II: axudas para a consolidación e o fortalecemento de ONGD

Nº expediente

Entidade solicitante

Denominación do proxecto

Coste total do proxecto

Subvención concedida

Anualidade 2015

Anualidade 2016

PR 808 A 2015/2

Arquitectos sin Fronteras

Proxecto de consolidación de ASF-Galicia como un referente en materia de dereito ao hábitat

25.175,25

23.105,00

9.242,00

13.863,00

PR 808 A 2015/6

Fundación Entreculturas Fe y Alegría

Fortalecemento da implantación social da Fundación Entreculturas en Galicia (fase 1ª)

28.000,00

25.000,00

10.000,00

15.000,00

PR 808 A 2015/1

Implicad@s no desenvolvemento

Suma con Implicadas: tempo+coñecemento+fondos

31.572,36

24.997,00

9.998,80

14.998,20

PR 808 A 2015/10

Fundación Taller de Solidaridad

Fortalecemento da capacidade comercial da área de comercio xusto de Taller de Solidariedade

11.363,00

9.724,00

9.724,00

------

PR 808 A 2015/7

Médicos del Mundo

Fortalecemento da área de comunicación externa e interna a través da mellora da formación e a participación da base social de Médicos do Mundo en Galicia

27.829,03

24.649,00

9.859,60

14.789,40

Total

107.475,00

48.824,40

58.650,60