Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Venres, 31 de xullo de 2015 Páx. 31948

III. Outras disposicións

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2015 pola que se lle dá publicidade á encomenda de xestión para a execución de obra formalizada por esta entidade pública no mes de xullo de 2015.

En cumprimento do disposto no artigo 8.5 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia (Lofaxga), dáse publicidade á formalización da encomenda de xestión, tramitada pola entidade pública Portos de Galicia durante o mes de xullo de 2015, para a execución da seguinte obra:

A) Nova ponte de acceso ao porto de Covelo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

2. Obxecto da encomenda.

Descrición do obxecto: nova ponte de acceso ao porto de Covelo.

3. Valor estimado da encomenda.

97.262,87 euros, IVE excluído.

4. Formalización da encomenda.

a) Data de formalización da orde de execución: 20 de xullo de 2015.

b) Entidade (medio propio da Xunta): Seaga.

c) Nacionalidade: española.

5. Prazo de execución.

Tres (3) meses.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2015

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia