Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 29 de xullo de 2015 Páx. 31727

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2015 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, para a realización do servizo de limpeza no Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia (Lafiga) por parte deste instituto (expediente SERV-Ingacal 01/2015).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Instituto Galego da Calidade Alimentaria, Ingacal.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría Técnica.

2º. Enderezo: Pazo de Quián, s/n, Sergude.

3º. Localidade e código postal: 15881 Boqueixón.

4º. Teléfono: 881 99 72 76.

5º. Fax: 981 54 66 76.

6º. Correo electrónico: ingacal@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.medioruralemar.xunta.es/areas/investigacion_e_formacion/instituto_galego_da_calidade_alimentaria/

8º. Data límite de obtención e información: ata o último día do prazo de presentación de ofertas.

9º. Expediente: SERV-Ingacal 01/2015.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: contrato de servizo para a realización dos traballos de limpeza nas dependencias do Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia para o Ingacal.

c) División por lotes e número de lotes: lote único.

d) Lugar de execución: nas instalacións do Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia en Abegondo.

e) Prazo de execución: doce meses (12).

f) Admisión de prórroga: si, por outros doce (12) meses.

g) CPV: 909 11 200.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, non suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares, folla de especificacións, letra N).

4. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 85.000,00 euros; IVE (21 %): 17.850,00 euros. Importe total: 102.850,00 euros.

b) Valor estimado: 170.000,00 euros (sen IVE), incluída a prórroga.

5. Financiamento: fondos propios do Ingacal.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría A.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, de ser o caso: segundo o disposto nas epígrafes J e K da folla de especificacións do prego.

7. Garantías exixidas:

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

b) Lugar de presentación:

1º. O único rexistro válido será o Rexistro do Instituto Galego da Calidade Alimentaria, Pazo de Quián, s/n, Sergude, 15881 Boqueixón (A Coruña); poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro. Cando a oferta se envíe por correo certificado, dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación, no mesmo día, mediante fax (981 54 66 76).

9. Admisión de variantes: non se admiten variantes de ofertas pero si as melloras recollidas no punto n. 1 da folla de especificacións.

10. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

11. Apertura de ofertas: sala de xuntas da sede do Instituto Galego da Calidade Alimentaria, Sergude, 15881 Boqueixón (A Coruña).

Data e hora: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do sexto día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que sexa sábado, caso en que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

12. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

13. Outras informacións: datos relativos á subrogación dos traballadores no anexo VI das cláusulas administrativas.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2015

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director del Instituto Galego da Calidade Alimentaria