Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 29 de xullo de 2015 Páx. 31557

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se procede a designar os membros e facer pública a composición do tribunal que deberá elaborar, supervisar e avaliar as probas para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2014/15, e se ditan instrucións para a realización das probas correspondentes.

De conformidade co establecido no artigo 9 e na disposición derradeira primeira da Orde do 28 de maio de 2015 (DOG do 11 de xuño), pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2014/15,

DISPOÑO:

Primeiro. Designar os membros do tribunal que deberá elaborar, supervisar e avaliar as probas para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2014/15 e facer pública a súa composición, que é a que figura no anexo I desta resolución.

Segundo. Fixar a data, o horario, os lugares de realización das probas e condicións de presentación dos candidatos ou das candidatas.

1. As probas celebraranse o día 4 de setembro de 2015 de acordo co seguinte horario:

– Presentación dos candidatos e das candidatas ás 9.30 horas.

– Primeira parte da proba das 10.15 ás 12.15 horas.

– Segunda parte da proba das 12.45 ás 13.45 horas.

2. Centros en que se realizarán as probas.

Provincia da Coruña:

– CIFP Someso. Rúa Someso, nº 6, A Coruña.

Provincia de Lugo:

– IES Sanxillao. Avenida das Fontiñas, nº 171, Lugo.

Provincia de Ourense:

– IES Ramón Otero Pedrayo. Rúa Padre Feixoo, nº 19, Ourense.

Provincia de Pontevedra:

– IES Sánchez Cantón. Avenida Raíña Victoria, Pontevedra.

3. Presentación dos candidatos e das candidatas.

a) Os candidatos e as candidatas deberán realizar as probas, con carácter xeral, na provincia á cal pertenza o centro educativo en que estea o seu expediente académico. A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá autorizar cambios de sede por causas debidamente xustificadas.

b) Para a realización das probas os candidatos e as candidatas acreditarán a súa identidade co DNI, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2015

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional
e Innovación Educativa

ANEXO

Tribunal

– Titulares:

Presidente/a titular: María del Carmen Cimadevila Cea, subdirectora xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo.

Vogal titular 1: Berta Estrada Arias, inspectora de educación.

Vogal titular 2: Juan Antonio Granados Loureda, inspector de educación.

Vogal titular 3: José Fisteos Suengas, inspector de educación.

Vogal titular 4: Jesús Pablo González Moreiras, inspector de educación.

Vogal titular 5: Manuel Enrique Prado Cueva, inspector de educación.

Vogal titular 6: Luis Mateo Sáez Abuín, xefe do Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema Educativo.

– Suplentes:

Presidente/a suplente: Manuel Vila López, subdirector xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado.

Vogal suplente 1: Iván Mira Fernández, inspector de educación.

Vogal suplente 2: Juan Carlos Vázquez Varela, inspector de educación.

Vogal suplente 3: José Fernández Fernández, inspector de educación.

Vogal suplente 4: Luis Manuel Álvarez Martínez, inspector de educación.

Vogal suplente 5: Margarita Pérez Froiz, inspectora de educación.

Vogal suplente 6: Manuel Rey Fernández, xefe do Servizo de Ordenación, Innovación e Orientación Educativa.