Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 29 de xullo de 2015 Páx. 31701

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 2 de xullo de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola cal se lle notifica a unha empresa a comunicación emitida pola Secretaría Xeral de Política Social o 26 de maio de 2015 sobre a realización dun pagamento indebido.

O 26 de maio de 2015, a Secretaría Xeral de Política Social emitiu unha comunicación da realización dun pagamento indebido á empresa Satdata Telecom, S.L. en execución do contrato para a prestación dun servizo integral de control loxístico, centro de coordinación e teleoperación que de soporte a xestión operativa do servizo galego de apoio a la mobilidade persoal para persoas con discapacidade e/ou dependentes (CP 86/08), nas contías reflectidas, de acordo cos feitos e razóns expostas.

Mediante carta certificada e con xustificante de recepción intentouse, por dúas veces en distintos días e horas, a transmisión do contido completo da citada comunicación.

De conformidade co previsto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procede realizar a notificación da resolución por medio da presente cédula.

Por medio desta cédula e de conformidade co disposto no el artigo 61 da referida Lei 30/1992 cítase a empresa Emergency, Security And Logistic Control, S.L. para que compareza, no prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Secretaría Xeral Técnica, da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, situada no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra o acordo que se notifique concédeselle un prazo de 10 días hábiles para formular as alegacións convenientes en defensa do seu dereito.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2015

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar