Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 29 de xullo de 2015 Páx. 31699

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Culturactiva, Sociedade Cooperativa Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, faise público que esta dirección xeral resolveu inscribir a modificación de estatutos sociais da entidade Culturactiva, Sociedade Cooperativa Galega, acordada na reunión do Consello Reitor do 15 de xuño de 2015, no Rexistro Central de Cooperativas. O seu novo domicilio social é na rúa Triacastela, nº 3-baixo, concello de Santiago de Compostela, provincia da Coruña.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2015

María del Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social