Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 29 de xullo de 2015 Páx. 31689

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2015/205-1).

Número de expediente: IN407A 2015/205-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMTS, CTS avenida Fisterra, nº 42-44.

Concello: A Coruña.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea, a 15 kV, cunha lonxitude de 53 m, con orixe en empalmes proxectados na LMTS SPV-703, no tramo entre o CT Rei Abdullah (expte. 12/2012) e o CT avenida Fisterra (13/2003), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final en cela de liña existente no CT avenida Fisterra (expte. 13/2003), despois de realizar entrada e saída no CT avenida Fisterra, nº 42-44 (proxectado).

Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 16 de xullo de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña