Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 29 de xullo de 2015 Páx. 31683

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Rúa (expediente IN407A 2015/48-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, nº 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: LMT, CT, RBT, Rúa Vella.

Situación: A Rúa.

Características técnicas:

– LMT subterránea a 20 kV de 165 m, con condutor RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 mm2 Al e con orixe na LMT ao actual CT Rúa Vella (expediente 2818-AT, 32CB87 a desmontar) con PAS procedente do CT Vilela, e remate na LMT ao CT Camiño Novo (32CHF7).

– RBT aerosubterránea de 38 m en aéreo con condutor RZ e 280 m en subterráneo con condutor XZ1 derivada do CT proxectado prefabricado manobra exterior Rúa Vella de 400 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 80.970,04 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 30 de xuño de 2015

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
María D. Pérez Ayuso
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas