Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 29 de xullo de 2015 Páx. 31641

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 24 de xullo de 2015 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arqueólogos/as.

Unha vez presentada a renuncia do presidente suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arqueólogos/as, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 9 de maio de 2014 (DOG núm. 99, do 26 de maio) e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por Alberto González Fernández como presidente suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arqueólogos/as.

Segundo. Nomear no seu lugar como presidenta suplente do dito tribunal a Ana Isabel Pro Rodríguez, funcionaria do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de arquitectos/as.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2015

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda