Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 28 de xullo de 2015 Páx. 31494

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo de servizo para a elaboración do arquivo técnico e documento XYZT, actualización das normas de explotación e do plan de emerxencia e redacción do anteproxecto de implantación do plan de emerxencia da presa de Caldas de Reis (clave OH.136.1090).

A Dirección de Augas de Galicia como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012, de delegación de competencias ditada pola presidencia da entidade e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do ente público, contratou a seguinte actuación:

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e desde a plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://augas.cmati.xunta.es/.

Tipo de contrato: contrato administrativo de servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

Valor estimado do contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

Vantaxe da oferta do adxudicatario: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de valoración establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

2. Obxecto do contrato: servizo.

Descrición: elaboración do arquivo técnico e documento XYZT, actualización das normas de explotación e do plan de emerxencia e redacción do anteproxecto de implantación do plan de emerxencia da presa de Caldas de Reis (Pontevedra).

Número de expediente: OH.136.1090.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311000-1.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 158, do 21 de agosto de 2014.

Orzamento base de licitación: importe neto: 101.111,92 euros. Importe total: 122.345,42 euros.

Data de adxudicación: 1 de xuño de 2015.

Importe de adxudicación: importe neto: 79.588,15 euros. Importe total: 96.301,66 euros.

Data de formalización do contrato: 16 de xuño de 2015.

Contratista: Ingiopsa Ingeniería, S.L.

3. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2015

P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31.1.2012)
Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia