1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Educación. Nº de expediente: 17006-332.
2. Obxecto do contrato: descrición: xestión das escolas infantís municipais Atalaia-Teis, Santa Cristina-Lavadores e Costeira-Saiáns.
Lotes: si, tres (3).
Lugar de execución: Vigo.
Prazo de execución: catro (4) anos. Prórroga: si, dúas prórrogas dun ano de duración cada unha.
3. Tramitación e procedemento.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
4. Orzamento base: 2.638.570,68 euros (contrato exento de IVE).
Dotación por lotes: lote 1: EIM Sta. Cristina-Lavadores: 879.523,56 euros. Lote 2: EIM Costeira-Saiáns: 879.523,56 euros. Lote 3: EIM Atalaia-Teis: 879.523,56 euros.
5. Garantías provisionais: non se exixen.
6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.
Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: grupo U, subgrupo 5, categoría b), se presenta oferta a un só lote; categoría c) se se presenta a dous lotes e categoría d) se se presenta aos tres lotes.
8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará o décimo quinto día seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.
Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas.
Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.
Admisión de melloras: non.
Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.
9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.
Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.
10. Outras informacións:
11. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org
Vigo, 16 de xullo de 2015
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación