Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 28 de xullo de 2015 Páx. 31501

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2015 pola que se fai pública a formalización da contratación da subministración, montaxe e posta en funcionamento de puntos de autoxestión para servizos informáticos en portos pesqueiros de Galicia (Proxecto TICPESC 3ª fase), cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo de Pesca (expediente 110/2014).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración, montaxe e posta en funcionamento de polo menos 24 puntos de autoxestión para servizos informáticos do proxecto TICPESC, que darán soporte á actividade diaria da pesca, acuicultura e primeira comercialización.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 4 de novembro de 2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: urxente.

4. Valor estimado do contrato: 189.600,00 €.

5. Orzamento base de licitación: 189.600,00 €, máis 39.816,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 229.416,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 16.4.2015.

b) Data de formalización do contrato: 17.4.2015.

c) Contratista: Tecnologías Plexus, S.L.

d) Importe de adxudicación: 225.974,76 € (IVE ao 21 % incluído).

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2015

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia