De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracions públicas e do procedemento administrativo común, na redacción dada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.
Os actos obxecto de notificación foron acordados polo xefe territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e pola instrutora do procedemento sancionador.
A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A sede da xefatura territorial é rolda da Muralla, nº 70, 2º (Lugo).
O plazo para realizar a comparecencia será de dez días. O dito prazo comezará a contarse a partir do día seguinte a aquel en que se publique esta notificación no Boletín Oficial del Estado.
A eficacia da notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o prazo de dez días desde a publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da dita publicación.
Lugo, 1 de xullo de 2015
P.S. (Resolución do 17.6.2014)
Marco A. Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Contratación e Apoio Administrativo
ANEXO
Expediente |
Interesado |
Acto notificado |
LU-RES 2014/058 |
Constantin Adrian Cirlan |
Resolución do procedemento sancionador |
LU-RES 2014/166 |
Tudor Pascu |
Resolución do procedemento sancionador |
LU-RES 2015/023 |
Durac Marius |
Proposta de resolución do procedemento sancionador |
LU-RES 2015/042 |
Relu Matei e Marga Mariana Porumbaru |
Proposta de resolución do procedemento sancionador |
LU-RES 2015/051 |
Relu Matei |
Proposta de resolución do procedemento sancionador |
LU-RES 2015/063 |
Marian Menix Muti |
Resolución do procedemento sancionador |
LU-RES 2015/069 |
Marian Sali e Florina Matei |
Proposta de resolución do procedemento sancionador |
LU-RES 2015/077 |
Marian Cretu e Cristian Matei |
Acordo de inicio do procedemento sancionador |
LU-RES 2015/091 |
Regino Mendes |
Acordo de inicio do procedemento sancionador |