De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE nº 226, do 17 de setembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, o acordo de inicio do procedemento administrativo sancionador por presunta infracción do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
O órgano competente para a resolución do expediente, de acordo coa tipificación e contía da sanción, e en virtude do disposto no artigo 39.1.a) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo (DOG nº 146, do 1 de agosto), é o director do ente público.
Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada, perante o presidente do Consello de Administración, segundo o establecido no acordo de delegación de competencias do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, publicado por Resolución do 1 de setembro de 2008 no DOG nº 190, do 1 de outubro. O prazo para interpoñer este recurso é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo, a resolución sancionadora devirá firme e executiva e poderá facerse efectivo en período voluntario o importe da sanción, dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria (BOE nº 302, do 18 de decembro), mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell/Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BSCH e Abanca), empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia.
De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase á súa exacción por vía executiva.
Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2015
José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia
ANEXO
Expediente Denunciante |
Denunciado Último enderezo coñecido |
Feito denunciado Data-hora-porto |
Precepto |
Precepto sancionador |
Sanción proposta |
Sanc. 12-48-14-151 Axentes da Garda Civil |
María Jesús Rosillo R/ Madrid, nº 20 D, 1º A, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña) |
Estacionamento prohibido. 16.8.2014; 12.00 horas; Ribeira (Pontevedra) |
Artigo 306.1.a) do Real decreto lexislativo 2/2011, TRLPEMM Artigos 17 e 64 da Orde ministerial do 12.6.1976 |
Artigo 312 do Real decreto lexislativo 2/2011, TRLPEMM |
90,15 € |