Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 27 de xullo de 2015 Páx. 31213

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato de obras para a mellora de intersección no p.q. 3+530 da AC-151 (clave AC/10/219.06, expediente E/005/2015 e outro máis).

O director da Axencia Galega de Infraestruturas, ao abeiro das competencias atribuídas polo Decreto 173/2011, do 4 de agosto, polo que se aproba o estatuto da Axencia Galega de Infraestruturas, resolveu formalizar os seguintes contratos administrativos de obras:

I. Mellora de intersección no p.q. 3+530 da AC-151. Clave: AC/10/219.06. Expediente: E/005/2015.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Número de expediente: AC/10/219.06 (E/005/2015).

2. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp? N=22179

3. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obra.

b) Descrición: mellora de intersección no p.q. 3+530 da AC-151.

c) CPV: 45233000-9.

d) Medios e datas de publicación do anuncio de licitación: DOG (17 de marzo de 2015).

4. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto multicriterio.

5. Valor estimado do contrato: 148.305,79 €.

6. Orzamento base de licitación: importe neto: 148.305,79 €. Importe total: 179.450,01 €.

7. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 21 de marzo de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 4 de xuño de 2015.

c) Adxudicatario: Construcciones Ponciano Nieto, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 124.888,31 €. Importe total: 151.114,86 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: economicamente máis vantaxosa.

II. Reforzo de firme localizado nas estradas PO-330, PO-331, PO-332, PO-344.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Número de expediente: PO/13/143.02. (E/008/2015).

2. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp? N=22182

3. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obra.

b) Descrición: reforzo de firme localizado nas estradas PO-330, PO-331, PO-332, PO-344.

c) CPV: 45233000-9.

d) Medios e datas de publicación do anuncio de licitación: DOG (17 de marzo de 2015).

4. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto multicriterio.

5. Valor estimado do contrato: 424.088,52 €.

6. Orzamento base de licitación: importe neto: 424.088,52 €. Importe total: 513.147,11 €.

7. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 5 de xuño de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 10 de xuño de 2015.

c) Adxudicatario: Ovisa Pavimentos y Obras, S.L.U.

d) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 358.000,00 €. Importe total: 433.180,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2015

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas