Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 27 de xullo de 2015 Páx. 31230

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2015 pola que se fai pública a formalización da contratación da subministración do módulo de records management do software base de xestión documental da Xunta de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa Poctep, proxecto Arpad (expediente 100/2015).

missing image filemissing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración do módulo de records management do software base de xestión documental da Xunta de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 3 de marzo de 2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 80.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación: 80.000,00 € máis 16.800,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 96.800,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 5 de xuño de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 19 de xuño de 2015.

c) Contratista: Queres Tecnologías, S.L.

d) Importe de adxudicación: 85.910,00 € (IVE ao 21 % incluído).

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2015

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia