Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx. 31086

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 25 de xuño de 2015 polo que se fai público o acordo de incoación e prego de cargos ditados no expediente sancionador DH.D15.49222 en materia de verteduras de augas residuais.

O data 26 de maio de 2015 ditouse acordo de incoación e prego de cargos no expediente sancionador de referencia seguido contra Manuel Suárez López (concello de Vilasantar) pola comisión dunha infracción de carácter leve en materia de verteduras de augas residuais, tipificada no artigo 85 e) da Lei 9/2010, de augas de Galicia.

Intentada a notificación dos devanditos actos por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolta polo servizo de Correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante este anuncio notifícaselle o acordo de incoación e prego de cargos ao interesado, e fáiselle saber que unha copia deles está á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo de quince días, contado a partir do día seguinte ao día desta publicación no Boletín Oficial del Estado, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do devandito acordo, tempo durante o cal poderá presentar as alegacións e probas que considere oportunas.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2015

Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia