Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx. 31098

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de aprobación de emenda ao documento de aprobación provisional da modificación puntual número 5 do Plan xeral de ordenación municipal de Oroso (A Coruña) enlace AP-9.

Con data do 14 de xullo de 2015, o Pleno do Concello de Oroso, en sesión extraordinaria, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar a emenda ao documento de aprobación provisional da modificación puntual nº 5 do PXOM do Concello de Oroso (A Coruña) enlace AP-9, aprobado provisionalmente polo Pleno da Corporación en sesión extraordinaria do día 26 de decembro de 2014, para os efectos de cumprir co requirimento da Orde do 13 de marzo de 2015, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia (RE nº 1065/2015, do 16 de marzo), pola que se denega a aprobación definitiva da modificación puntual nº 5 do PXOM de Oroso e se require o concello para que proceda a emendar as deficiencias sinaladas no punto III da dita orde, elaborando un novo documento coas correccións indicadas para a súa posterior elevación á Xunta de Galicia para a súa aprobación definitiva, logo da súa aprobación polo Pleno.

Segundo. Iniciar un período de información pública do expediente durante dous meses, mediante anuncio no taboleiro de edictos do concello, no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión na provincia.

O prazo da exposición pública do expediente iniciarase o día seguinte a aquel en que se publique este anuncio no DOG.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións pertinentes.

A documentación do expediente atópase ao dispor do público na Oficina Municipal de Urbanismo, de luns a venres, das 9.00 ás 1400 horas.

Oroso, 14 de xullo de 2015

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde