Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx. 31077

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 10 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador MON-LU-64/2015-FOR.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada a notificación persoal en dúas ocasións, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia. Así mesmo, a eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería do Medio Rural e do Mar, sita na rolda da Muralla, nº 70.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 10 de xullo de 2015

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: MON-LU-64/2015-FOR.

Interesado: Alberto M. Villamor Varela.

Acto notificado: proposta de resolución.