Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx. 31063

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fai pública a formalización dun contrato administrativo.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, que aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos seguintes contratos administrativos:

1. Contratación administrativa da xestión do servizo público, mediante a modalidade de concerto, para a reserva e ocupación de prazas no servizo de atención diúrna terapéutica de media estadía no concello de Lugo, coa entidade Asociación de Dano Cerebral de Lugo (Adace), polo procedemento negociado sen publicidade e por exclusividade.

1.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.

c) Número de expediente: PN 12/2015.

1.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: xestión do servizo público para a reserva e ocupación de prazas no servizo de atención diúrna terapéutica de media estadía en Lugo.

1.3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade.

1.4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 63.400 € (exento IVE).

1.5. Formalización:

a) Data: 1 de xullo de 2015.

b) Contratista: Asociación de Dano Cerebral de Lugo (Adace).

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 47.100 € (exento IVE).

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2015

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar