De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia segundo o disposto no artigo 61.
Os actos foron adoptados polo xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Coruña.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sita no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
A Coruña, 2 de xullo de 2015
José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: CO-RES-2014-0021.
Interesada: Montajes Eléctricos Barreiro, S.L.
Acto notificado: apercibimento de imposición de multa coercitiva expediente sancionador.
Expediente: CO-RES-2014-0081.
Interesado: Marius Dan Plesca.
Acto notificado: resolución de expediente sancionador.
Expediente: CO-RES-2015-0103.
Interesado: Pablo Garrido Sánchez (Talleres Fast Car).
Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.
Expediente: CO-RES-2015-0106.
Interesado: Pablo Villar Cajigal.
Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.
Expediente: CO-RES-2015-0121.
Interesado: José Rafael Gende Villamisar.
Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.
Expediente: CO-RES-2015-0129.
Interesado: Dragos Mirel Plesca.
Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.