Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx. 31052

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 25 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2015019TA-OU incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 20 de maio de 2015, a xefa territorial de Ourense acordou a resolución do expediente sancionador 2015019TA-OU, incoado a José Antonio Rodríguez García, DNI 34270210A, con domicilio na rúa Marcelino Suárez, 22, 7º D, 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a José Antonio Rodríguez García, DNI 34270210A, o contido do referido acordo de resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contados desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992 do 26 de novembro, recordándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias de esta xefatura territorial, sita na avenida de Zamora, nº 13, Ourense, e obter, se é o caso, copia do mesmo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de Abanca; en BBVA transacción 1316, NIF S1511001H, ou en Banesto, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente; de non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e queda supeditada a eficacia desta notivicación a súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Ourense, 25 de xuño de 2015

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente: 2015019TA-OU.

Interesado/a: José Antonio Rodríguez García.

DNI/NIF/CIF: DNI 34270210A.

Último enderezo coñecido: rúa Marcelino Suárez, 22, 7º D, 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense).

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: Lei 28/2005, do 26 de decembro.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: trinta euros (30,00 euros).