Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 23 de xullo de 2015 Páx. 30922

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da convocatoria de procesos selectivos para prover varias prazas.

No Boletín Oficial da provincia nº 122, do 29 de xuño de 2015, publicáronse as bases de diversos procesos selectivos convocados pola Deputación Provincial de Pontevedra para prover as seguintes prazas:

– Unha praza de traballador social, encadrada na escala de administración especial, subescala técnica, clase técnico medio e integrada no grupo A2, por quenda de promoción interna.

– Dúas prazas de técnico auxiliar en educación diúrna, encadradas na escala de administración especial, subescala técnica, clase auxiliar e integradas no grupo C1, por quenda de promoción interna horizontal.

– Unha praza de encargado de brigada, encadrada na escala de administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios e integrada no grupo C1, por quenda de promoción interna.

– Unha praza de técnico auxiliar en instalacións eléctricas, encadrada na escala de administración especial, subescala técnica, clase auxiliar e integrada no grupo C1, por quenda de promoción interna.

– Unha praza de encargado de instalacións, encadrada na escala de administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios e integrada no grupo C1, por quenda de promoción interna.

– Unha praza de condutor maquinista, encadrada na escala de administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios e integrada no grupo C2, por quenda de promoción interna horizontal.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.

Pontevedra, 29 de xuño de 2015

P.D. (Resolución presidencial do 29.6.2015, nº 2015017652)
Ana Isabel Vázquez Reboredo
Deputada delegada da Deputación Provincial de Pontevedra