Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 23 de xullo de 2015 Páx. 30900

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

CÉDULA do 2 de xullo de 2015, do Servizo Provincial de Infraestruturas de Pontevedra, pola que se fai pública unha relación de notificacións de apertura de expedientes sancionadores 083/15 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), notifícanse ás persoas que se citan a continuación, as notificacións de aperturas de expedientes sancionadores instruídos por infraccións da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia (DOG núm. 132, do 12 de xullo).

Nº de expediente: 083/15.

Denunciado: Salnés Val, S.L.

Enderezo: Chan de Vila, 11, Bordóns, 36966 Sanxenxo (Pontevedra).

Nº de expediente: 086/15.

Denunciado: FL Sistemas de Comunicación, S.L.

Enderezo: r/ Herminia Fariña Cobián, 46, 36003 Pontevedra.

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días contados a partir do seguinte día ao da publicación deste edicto para poder examinar os expedientes no Servizo Provincial de Infraestruturas de Pontevedra da Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (r/ Fernández Ladreda, 43, 1º, Edificio Administrativo, 36003 Pontevedra) e presentar ante o citado servizo as alegacións que considere pertinentes.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro edictal único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 2 de xullo de 2015

Fausto Núñez Vilar
Xefe do Servizo de Infraestruturas de Pontevedra