Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 23 de xullo de 2015 Páx. 30918

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación do servizo de evolución da ferramenta de xestión de postos cliente. Contratación documentalmente simplificada (expediente AB-SER1-15-044).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

4º. Teléfono: 881 54 36 35.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Número de expediente: AB-SER1-15-044.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de evolución da ferramenta de xestión de postos cliente.

c) División por lotes: non.

d) Prazo de execución/entrega: o prazo de execución do contrato será de 6 meses desde a súa formalización. Considerarase finalizado o proxecto cando se cumpran os obxectivos definidos no prego de prescricións técnicas.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72260000-5.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables automaticamente (sobre B)

0-50

Proposta de prestación de servizo e metodoloxía de traballo para utilizar

0-50

Criterios valorables automaticamente (sobre C)

0-50

Oferta económica

0-45

Número de equipos para maquetar

0-5

4. Valor estimado do contrato: 78.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 78.000 euros. Importe total: 94.380 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 (%) do importe da adxudicación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusula 6.6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

a) Admisión de variantes, se procede: non.

b) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Data e hora: apertura sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas decimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións:

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos