Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 22 de xullo de 2015 Páx. 30754

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Innovación

CÉDULA do 3 de xullo de 2015 pola que se notifica o trámite de audiencia previo ao inicio da revogación correspondente ao expediente IN841C 2012/189, devolto polo servizo de Correos.

A Axencia Galega de Innovación, con data 1 de abril de 2015, enviou unha notificación á empresa Tekplus Aerospace, S.L. co fin de comunicarlle o trámite de audiencia como paso previo ao inicio de revogación do expediente IN841C 2012/189, de conformidade co disposto no artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. A dita notificación foi devolta polo servizo de Correos e declarou o funcionario «ausente repartición, deixouse aviso de chegada na caixa de correo». Ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula no Boletín Oficial del Estado e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle á entidade beneficiaria o contido do trámite de audiencia que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Tendo en conta o anterior e segundo o artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, os interesados dispoñen dun prazo de quince días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para facer alegacións e presentar os documentos e xustificantes que consideren pertinentes. Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta axencia, sita na praza de Europa, 10, 3º A, 15707 Santiago de Compostela, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2015

Manuel Varela Rey
Director da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Expediente: IN841C 2012/189.

Título: desenvolvemento dunha estrutura modular para o sistema aéreo non tripulado Centauro-Estereo.

Nome ou razón social: Tekplus Aerospace, S.L.

CIF/NIF: B36988228.

Tipo de axuda: apoio ao financiamento de proxectos individuais e colaborativos de innovación tecnolóxica (proxectos CIT). Axudas para proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación correspondentes ao exercicio de 2012 segundo a Orde do 11 de abril de 2012 (DOG do 17 de abril).

Contido do acto: trámite de audiencia IN841C 2012/189.