Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 22 de xullo de 2015 Páx. 30709

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 30 de xuño de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada e o estudo de impacto ambiental para unha planta de tratamento de superficies metálicas e plásticas, promovida por Malpor System, S.L., no concello da Cañiza (Pontevedra) (expediente 2015-IPPC-I-12).

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 157, do 2 de xullo), e na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a seguinte documentación:

– «Proxecto básico e estudo de impacto ambiental-rev.1 para a solicitude da autorización ambiental integrada das instalacións de Malpor System, S.L. situadas no polígono de Ribadil, parcela 4, 36880 A Cañiza, Pontevedra».

– «Resumo non técnico do proxecto básico e estudo de impacto ambiental-rev.1 para a solicitude da autorización ambiental integrada das instalacións de Malpor System, S.L. situadas no polígono de Ribadil, parcela 4, 36880 A Cañiza, Pontevedra».

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes, os citados documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán consultalos na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/>>medio ambiente e sostibilidade >>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO I
Memoria resumo

Clave do expediente: 2015-IPPC-I-12.

Peticionario: Malpor System, SL.

Domicilio social: polígono de Industrial da Cañiza, s/n, 36880 A Cañiza, Pontevedra.

Localización da instalación: polígono industrial da Cañiza, parcela 4.

Actividade: planta con dúas actividades, unha de lacado de perfís e chapas metálicas (liña metal) e outra de fabricación de mamparas de baño e armarios a medida (liña madeira).

Descrición: en cada liña realízanse os seguintes procesos:

– Liña madeira: realízase o deseño do moble ou mampara á medida, que despois se leva a cabo a partir de taboleiro DM, mediante o seu corte, tradeadura, troquelado e canteado. Despois, as pezas son ensambladas, lixadas e recubertas con melaminas.

– Liña metal: composta por 1) pretratamento, que consiste na preparación das pezas metálicas (perfís de aluminio e portais e pranchas de ferro de grandes dimensións) mediante desengraxado, lavado, mordentado e conversión destas, 2) recubrimento mediante pintado electrostático con pinturas de poliéster en po, e 3) polimerización e secado da pintura en fornos.

Verteduras: na planta xéranse 3 tipos de augas residuais:

– Augas residuais industriais procedentes da liña metal: que se verten á rede municipal de saneamento despois de seren tratadas na EDAR fisicoquímica da planta.

– Augas residuais sanitarias: que se verten directamente á rede municipal de saneamento.

– Augas residuais pluviais: que se verten directamente á rede municipal de pluviais.