Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 22 de xullo de 2015 Páx. 30691

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 4132/2015, interposto por Patricia Eirín Carreira contra a Resolución do 29 de xaneiro de 2015 de modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal de Barro (Pontevedra).

Nesta secretaría xeral recibiuse o escrito do presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en relación co recurso contencioso-administrativo P.O. 4132/2015, interposto por Patricia Eirín Carreira contra a Resolución do 29 de xaneiro de 2015 de modificación puntual do PXOM de Barro (Pontevedra).

Para os efectos de formalizar o solicitado no citado escrito, faise constar que o expediente xa foi remitido por esta secretaría á Sección Segunda do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia en data do 6 de xullo de 2015.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que se emprazan para que se poidan presentar como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2015

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestructuras