Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 22 de xullo de 2015 Páx. 30762

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 1 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lle notifica á persoa interesada o requirimento de emenda da solicitude para a inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia por comparecencia.

De conformidade cos artigos 58, 59.5 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada do requirimento de emenda da solicitude para a inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, 7, 2º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación. A eficacia desta cédula quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 1 de xullo de 2015

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Credencial

Nome e apelidos

DNI/NIE

Enderezo

CP

Concello

72015

Agustín Collazo Sienes

35458131C

Rúa Martínez Garrido

36205

Vigo