Con data do 28 de maio de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador número 2015231TA-PO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra La Mundicar 2010, con CIF B94036365, como titular do establecemento Club Montparnasse.
Tras intentar a notificación deste acordo, consonte o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non se puido practicar, polo que mediante esta cédula notifícaselle a La Mundicar 2010 o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no número 5 do referido artigo, para que teña coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no numero 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións perante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda, núm. 43-1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Pontevedra, 22 de xuño de 2015
Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Número do expediente: 2015231TA-PO.
Denunciada: La Mundicar 2010, con CIF B94036365, como titular do establecemento Club Montparnasse.
Último enderezo coñecido: lugar A Goulla, núm. 9, 36637 Meis (Pontevedra).
Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.
Preceptos presuntamente infrinxidos:
Artigo 7) «Prohíbese fumar,..., en: u) Bares, restaurantes e demais establecementos de restauración pechados».
Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como grave no artigo 19.3.b) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.
Sanción proposta: mil douscentos euros (1.200 €).