Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 20 de xullo de 2015 Páx. 30153

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela

EDICTO (844/2014).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2015.

Vistos por M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 desta cidade, os presentes autos de xuízo verbal 844/2014, seguidos por instancia de Vasco M. de Jorge Henriques, representado pola procuradora Sra. Maestre Ortuño, baixo a asistencia letrada de Amira Cheikh Alí Media Villa, contra Jesús Corral Pérez, en situación de rebeldía procesual.

Decisión.

Estímase a demanda presentada pola procuradora Sra. Maestre Ortuña no nome e representación invocados e, en consecuencia, condénase o demandado a aboarlle ao demandante a cantidade de cinco mil novecentos sesenta euros (5.960 €) máis os xuros legais desde a data de interposición da demanda, así como ao pagamento das custas.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe recurso de apelación que, se é o caso, se deberá interpor ante este mesmo xulgado dentro dos vinte días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución. Para a interposición do dito recurso é necesaria a constitución de depósito na conta de depósitos e consignacións do xulgado de acordo co establecido na disposición adicional décimo quinta da LOPX e polo importe de 50 €, o que deberá ser acreditado cando se presente o recurso.

Así o acorda, manda e asina M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Jesús Corral Perez, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2015

A secretaria xudicial