Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 20 de xullo de 2015 Páx. 30138

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai pública a concesión dos premios á cooperación 2015.

Mediante a Orde do 18 de febreiro de 2015 (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), da Consellería de Traballo e Benestar, establecéronse as bases reguladoras dos premios á cooperación e procedeuse á súa convocatoria para o ano 2015.

Nas bases reguladoras establécese que a Comisión Permanente do Consello Galego de Cooperativas actuará como tribunal e que a persoa titular da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social resolverá a concesión dos premios que serán obxecto de publicación no DOG.

Unha vez aprobada a proposta de concesión dos premios pola Comisión Permanente do Consello Galego de Cooperativas, na súa reunión do 2 de xuño de 2015, e sen que fosen formuladas reclamacións, por resolución da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social do 1 de xullo de 2015 aprobouse a concesión dos premios.

Por todo o anterior,

DISPOÑO:

Facer pública a concesión dos premios á cooperación 2015 ás entidades que se indican a seguir:

– Premios aos valores cooperativos a Zocamiñoca, Sociedade Cooperativa Galega.

– Premio ao mellor proxecto cooperativo a Numax, Sociedade Cooperativa Galega.

– Premio á promoción do cooperativismo a Amarelante, Sociedade Cooperativa Galega.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2015

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social