Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 20 de xullo de 2015 Páx. 30141

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai pública a concesión do premio do concurso de iniciativas cooperativas 2015.

Mediante a Orde do 13 de abril de 2015 (DOG núm. 75, do 22 de abril), da Consellería de Traballo e Benestar, establecéronse as bases reguladoras do concurso de iniciativas cooperativas e procedeuse á súa convocatoria para o ano 2015.

Nas bases reguladoras establécese que os proxectos presentados serán avaliados pola Comisión Permanente do Consello Galego de Cooperativas, que actuará como tribunal, e que a persoa titular da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social resolverá a concesión do premio, que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez aprobada a proposta de concesión do premio pola Comisión Permanente do Consello Galego de Cooperativas encargada de avaliar os proxectos presentados, na súa reunión do 2 de xuño de 2015, e sen que fosen formuladas reclamacións, por Resolución da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social do 1 de xullo de 2015 aprobouse a concesión do premio.

Por todo o anterior

DISPOÑO:

Facer pública a concesión do premio do concurso de iniciativas cooperativas 2015 a Carlos Castro López, autor do proxecto denominado Delagros, S.C. presentado baixo o pseudónimo «Cooperativa II grado».

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2015

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social