Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 20 de xullo de 2015 Páx. 30182

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 2015/170-1).

Número de expediente: IN407A 2015/170-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT DC SMR-703, SMR-706, Porta de Neira.

Concello: Ferrol.

Características técnicas:

Liña de media tensión aérea DC SMR-703/SMR-706, entre apoios nº 4 e nº 5, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,047 km, con orixe en apoio nº 4 proxectado, que substitúe o existente do dobre circuíto que forman as liñas SMR-703 e SMR-706, onde se realiza a derivada ao CT Souto (expediente 149/97), condutor tipo LA-110 mm2 Al, e final en apoio nº 5 existente do dobre circuíto que forman as liñas SMR-703 e SMR-706, no tramo entre a subestación de Santa Mariña (expediente 18352) e o CT A Graña (expediente 7306).

Liña de media tensión aérea SMR-703 a CT Souto, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,027 km, con orixe en apoio nº 4 proxectado, que substitúe o existente do dobre circuíto que forman as liñas SMR-703 e SMR-706, onde se realiza a derivada ao CT Souto (expediente 149/97), condutor tipo LA-56 mm2 Al, e final en apoio nº 4/1 existente da liña SMR-703, que sustenta o CT Souto (expediente 149/97).

Liña de media tensión soterrada SMR-703 Porta de Neira, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,304 km, con orixe en empalmes proxectados na LMTS SMR-703 no tramo entre o CT Estrada Catabois (expediente 169/00) e a derivada ao CT Souto (expediente 147/97), en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final no paso de subterráneo a aéreo que se realizará no apoio nº 4 proxectado, que substitúe o existente do dobre circuíto que forman as liñas SMR-703 e SMR-706, onde se realiza a derivada ao CT Souto (expediente 49/97).

Liña de media tensión soterrada SMR-706 Porta de Neira, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,304 km, con orixe en empalmes proxectados na LMTS. SMR-703 (que pasará a ser a SMR-706, logo de realizar os empalmes entre estas dúas liñas) no tramo entre o CT Estrada Catabois (expediente 169/00) e a derivada ao CT Souto (expediente 147/97), en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final no paso de subterráneo a aéreo que se realizará no apoio nº 4 proxectado, que substitúe o existente do dobre circuíto que forman as liñas SMR-703 e SMR-706, onde se realiza a derivada ao CT Souto (expediente 149/97).

Desmantelamento da instalación que se pretende recuar, segundo proxecto.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 25 de xuño de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña