Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 20 de xullo de 2015 Páx. 30150

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2015, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de topógrafos/as, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 99, do 26 de maio), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 9 de xullo de 2015, o tribunal nomeado pola Orde do 7 de abril de 2015 (Diario Oficial de Galicia núm. 68, do 13 de abril), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de topógrafos/as, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 99, do 26 de maio), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o segundo exercicio do proceso selectivo terá lugar o día 30 de xullo de 2015, na aula 2 da Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas.

Os/as aspirantes deberán ir provistos/as de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso á aula en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2015

Ramón Luis de la Sota Crespí
Presidente do tribunal