Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 17 de xullo de 2015 Páx. 30116

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2015 pola que se acorda anunciar a contratación documentalmente simplificada, polo procedemento aberto, para a subministración e instalación dun sistema de doce comedeiros individualizados de vacas para o Instituto Galego da Calidade Alimentaria, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun máximo do 80 % no marco do programa operativo Feder 2007-2013 (expediente SU-INGACAL 02/2015).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría Técnica.

2º. Enderezo: Pazo de Quián, s/n. Sergude.

3º. Localidade e código postal: 15881 Boqueixón.

4º. Teléfono: 881 99 72 76.

5º. Fax: 981 54 66 76.

6º. Correo electrónico: ingacal@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.medioruralemar.xunta.es/areas/investigacion_e_formacion/instituto_galego_da_calidade_alimentaria/

8º. Data límite de obtención e información: ata o último día do prazo de presentación de ofertas.

9º. Expediente: SU-INGACAL 02 /2015.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración e instalación dun sistema de doce comedeiros individualizados para vacas que permita obter rexistros de inxesta individualizados por vaca e día na execución de proxectos de investigación alimentaria.

c) División por lotes e número de lotes: lote único.

d) Lugar de execución: Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo. Estrada Santiago-Betanzos, km 7, Mabegondo, 15318 Abegondo (A Coruña).

e) Prazo de entrega: trinta (30) días.

f) Admisión de prórroga: non procede.

g) CPV: 11630000-0.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, non suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares, folla de especificacións do prego, epígrafe M).

4. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 68.000,00 euros; IVE (21 %): 14.280,00 euros. Importe total: 82.280,00 euros.

b) Valor estimado: 68.000,00 euros.

5. Financiamento: proxecto cofinanciado no 80 % a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

6. Garantías exixidas:

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

b) Modalidades de presentación: papel 3, sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

O único rexistro válido será o Rexistro do Instituto Galego da Calidade Alimentaria; Pazo de Quián, s/n, Sergude, 15881 Boqueixón (A Coruña). Poderase enviar por correo, dentro do prazo de admisión sinalado, a este rexistro. Cando a oferta se envíe por correo certificado, dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación, no mesmo día, mediante fax (981 54 66 76).

8. Admisión de variantes: non se admiten variantes de ofertas pero si as melloras recollidas na epígrafe M.2 da folla de especificacións do prego.

9. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a oferta: dous (2) meses.

10. Apertura de ofertas: sala de xuntas da sede do Instituto Galego da Calidade Alimentaria. Sergude, 15881 Boqueixón (A Coruña).

Data e hora: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do sétimo día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que sexa sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

12. Outras informacións: proxecto financiado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), dentro do Plan de axudas para infraestruturas científico-técnicas da Subdirección Xeral de Fondos Europeos para a Investigación (Ministerio de Economía e Competitividade). Data límite de xustificación dos fondos: 31 de decembro de 2015.

Sergude, 30 de xuño de 2015

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director do Instituto Galego da Calidade Alimentaria