Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 17 de xullo de 2015 Páx. 30127

VI. Anuncios

b) Administración local

Consorcio Casco Vello de Vigo

ANUNCIO de licitación de obras de reconstrución de edificios na rúa Ferrería 45-47 de Vigo (expediente PAO-2_2014).

Aprobado polo Comité Executivo do Consorcio Casco Vello de Vigo, na sesión do día 28 de maio de 2015, o texto definitivo dos pregos de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación das obras de reconstrución de edificios nas rúas Ferrería 45-47, Vigo, faise público o expediente e anúnciase a súa licitación:

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Consorcio Casco Vello de Vigo.

b) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Consorcio Casco Vello de Vigo.

2. Domicilio: praza da Princesa, nº 7, 1º.

3. Localidade e código postal: Vigo, 36202.

4. Teléfono: 34 986 44 26 38.

5. Fax: 34 986 44 26 39.

6.Perfil de contratante: http://consorciocascovellovigo.org/category/licitacions-abertas/

7. Correo electrónico: info@consorciocascovellovigo.org

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obra.

b) Descrición: o contrato a que se refire o presente anuncio ten por obxecto a execución das obras recollidas no proxecto aprobado pola Administración contratante para a reconstrución dos inmobles situados na rúa Ferrería 45-47, de Vigo, así como, se é o caso, as derivadas dos proxectos modificados deste, nos casos previstos e na forma establecida nos artigos 219 e 234 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

c) Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

d) Prazo de execución: 12 meses.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 45210000-2.

f) Número de expediente: PAO_2_2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é caso: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios de adxudicación que figuran no prego de condicións.

4. Valor estimado do contrato: 734.942,92 euros (IVE excluído).

5. Orzamento base de licitación: 612.452,43 euros (IVE incluído).

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: 0 euros (cero euros).

b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Véxase prego de cláusulas administrativas particulares. Procede acreditar clasificación (grupo, subgrupo e categoría): K, 7, d.

8. Presentación de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: as proposicións, así como, se é o caso, as solicitudes de participación, xunto coa documentación preceptiva, presentaránse, dentro del prazo de 26 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia, no Rexistro Xeral do órgano de contratación indicado (días laborables, de luns a venres), en horario de oficina de 9.00 a 13.30 horas, no lugar e na forma que se indican nas cláusulas 12 e 13 do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Modalidade de presentación: solicitudes de participación.

c) Lugar de presentación:

1. Consorcio Casco Vello de Vigo.

2. Domicilio: praza da Princesa, nº 7, 1º.

3. Localidade e código postal: Vigo, 36202.

4. Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas.

Apertura de sobres: véxase perfil de contratante.

10. Gastos de publicidade: os gastos de publicación de anuncios serán por conta do adxudicatario, cun importe máximo de 1.000,00 euros.

Vigo, 25 de xuño de 2015

Alfonso M. Ramos Covelo
Xerente do Consorcio Casco Vello de Vigo