Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 17 de xullo de 2015 Páx. 30108

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 3 de xullo de 2015 de emprazamento para o trámite de audiencia ditado no expediente LUG/177/2014-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu domicilio.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento para trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/177/2014-RP1, a Purificación Fierros Carrera, en relación coas obras consistentes na instalación de vivenda prefabricada tipo mobil home, de planta baixa e cuberta a dúas augas e construción de chapa metálica, acaroada nunha das súas fachadas ao peche e con cuberta a unha auga, no lugar de Pozo do Asno, no termo municipal de Barreiros, provincia de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo á interesada, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada o devandito acordo por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

O expediente relacionado atópase á súa disposición na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

A interesada disporá dun prazo de 10 días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación no Boletín Oficial del Estado, para presentar as alegacións e os documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da devandita Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística