Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 17 de xullo de 2015 Páx. 30061

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Agolada (expediente IN407A 2015/84-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Hidroeléctrica do Arnego, S.L.

Domicilio social: rúa Mayor, 12, 36520 Agolada.

Denominación: LMTS de CT Fonte de Cántaras 2 ao CS Coto Eimil.

Situación: Agolada.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con conductor RHZ1 de 265 metros de lonxitude con orixe no centro de transformación Fonte de Cántaras 2 e final no centro de seccionamento Coto Eimil. A instalación está situada no polígono industrial de Agolada.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo na avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 2 de xuño de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra