Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 17 de xullo de 2015 Páx. 30020

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 19 de xuño de 2015 pola que se resolve parcialmente a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de catro postos de traballo vacantes no Instituto Galego da Vivenda e Solo anunciados pola Orde do 12 de maio de 2015.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de catro postos de traballo vacantes no Instituto Galego da Vivenda e Solo pola Orde do 12 de maio de 2015 (DOG núm. 94, do 21 de maio), de conformidade co establecido nos artigos 17.4 e 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Adxudicar destino, nos postos de traballo que se indican, e seleccionar as persoas que se relacionan no anexo.

Segundo. O cesamento no destino actual das persoas que obteñan praza producirase na data que se determine xustificadamente mediante orde da persoa titular da consellería publicada no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia, segundo o Decreto 166/2013, do 14 de novembro, polo que se modifica o artigo 14.4 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e do disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo do prazo da toma de posesión iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, lles fosen concedidos á/s persoa/s interesada/s.

Nos supostos de baixa por incapacidade temporal, iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro. A xefatura do centro en que cause/n baixa a/s persoa/s, así como daquel en que obteña/n praza, realizarán dentro dos prazos sinalados no punto anterior as dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso postestativo de reposición, ante a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2015

Ethel María Vázquez Mourelle
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Nome e apelidos: Mª Ángeles Domínguez Franjo.

NRP: 3496696113 A2060.

Subgrupo: A1.

Corpo/escala: xeral.

Denominación do posto: secretaria xeral.

Nivel: 30.

Código do posto: MA.O12.00.000.15770.001.

Complemento específico: 18.025,32.

Localidade: Santiago de Compostela.

Centro directivo: Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Adscrición administracións públicas: A11 (adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.).

Formación específica: 640 (para persoal doutra administración, curso de perfeccionamento de galego-RI).

Nome e apelidos: Andrés Iglesias López.

NRP: 3545423113 A2060.

Subgrupo: A1.

Corpo/escala: xeral.

Denominación do posto: director técnico de Fomento.

Nivel: 30.

Código do posto: MA.O11.00.006.15770.001.

Complemento específico: 18.025,32.

Localidade: Santiago de Compostela.

Centro directivo: Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Adscrición administracións públicas: A11 (adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.).

Formación específica: 640 (para persoal doutra administración, curso de perfeccionamento de galego-RI).

Nome e apelidos: Jorge Outeiriño Santos.

NRP: 3498174368 A2060.

Subgrupo: A1.

Corpo/escala: xeral.

Denominación do posto: xefatura do Servizo de Contratación.

Nivel: 28.

Código do posto: MA.O12.00.000.15770.040.

Complemento específico: 13.698,72.

Localidade: Santiago de Compostela.

Centro directivo: Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Adscrición administracións públicas: AXG (adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia).

Formación específica: 501 licenciado en Dereito (mérito).