Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 16 de xullo de 2015 Páx. 29794

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (153/2015).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 153/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Paula María Pastoriza García contra Montajes Eléctricos García Bouzas, S.A., o Fondo de Garantía Salarial, administrador concursal de Montajes Eléctricos García Bouzas, S.L., sobre despedimento, ditouse Resolución o 28.5.2015 contra a que se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Montajes Eléctricos García Bouzas, S.A., expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de xuño de 2015

O secretario xudicial